15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila
15 de Outubro de 2024

,

Santa Teresa de Ávila

Ano de san Xosé

Ano de san Xosé

Ano de san Xosé

O 8 de decembro de 2020, o papa Francisco publicou a carta apostólica Patris Corde (Con Corazón de Pai) con motivo do 150 aniversario da declaración de san Xosé como Patrón da Igrexa Universal. Ese día comeza un ano especial dedicado á figura do esposo de María.

En decembro de 1870, o beato Pío IX asinou o decreto Quemadmodum Deus co que outorgou este título —patrón da Igrexa Universal— a san Xosé, 16 anos despois de aprobar o dogma da Inmaculada Concepción.

Oración a san Xosépublicada en Patris Corde

Salve, custodio do Redentor
e esposo da Virxe María.
A ti Deus confiou o seu Fillo,
en ti María depositou a súa confianza,
contigo Cristo tornouse home.

Oh, benaventurado Xosé,
móstrate pai tamén para nós
e guíanos no camiño da vida.
Acádanos graza, misericordia e valentía, e
 deféndenos de todo mal. Amén.

AcciónsAno de san Xosé na diocese de Tui-Vigo

Rezar con san Xosé
Durante todo o mes de marzo, invitamos a coñecer a figura de san Xosé a través de varios textos de santos e imáxenes presentes nas parroquias da diocese de Tui-Vigo, que acompañarán a oración escrita polo papa Francisco en Patris Corde.
O bispo preside a eucaristía en San Xosé e Santa Rita
O 1 de maio, con motivo do Ano de san Xosé, o bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza, preside a eucaristía na parroquia de San Xosé Obreiro e Santa Rita.
A diocese de Tui-Vigo pon música a oración a san Xosé
O prefecto de música da Catedral de Tui desenvolveu este traballo coa colaboración de María Mendoza nos arranxos e coas voces de varios mozos e mozas diocesanas e alumnado do colexio San Xosé de Cluny.
Ladaíñas na honra a san Xosé
A Comisión Episcopal para a Liturxia da CEE acaba de publicar un libro coas Ladaíñas na honra a san Xosé en latín, castelán e os tres idiomas cooficiais de España —galego, catalán e éuscaro—.
Lugares xosefinos na diocese de Tui-Vigo
A diocese de Tui-Vigo presentará unha serie de vídeos sobre os templos, institucións e mosteiros encomendados á figura de san Xosé no seu territorio eclesial.
Mes de marzo de 2021.
1 de maio de 2021.
1 de maio de 2021.
29 de xuño de 2021.
Desde septembro de 2021.

ActualidadeAno de san Xosé en Tui-Vigo