O 8 de decembro de 2020, o papa Francisco publicou a carta apostólica Patris Corde (Con Corazón de Pai) con motivo do 150 aniversario da declaración de san Xosé como Patrón da Igrexa Universal. Ese día comeza un ano especial dedicado á figura do esposo de María.
En decembro de 1870, o beato Pío IX asinou o decreto Quemadmodum Deus co que outorgou este título —patrón da Igrexa Universal— a san Xosé, 16 anos despois de aprobar o dogma da Inmaculada Concepción.
Oración a san Xosépublicada en Patris Corde
Salve, custodio do Redentor
e esposo da Virxe María.
A ti Deus confiou o seu Fillo,
en ti María depositou a súa confianza,
contigo Cristo tornouse home.Oh, benaventurado Xosé,
móstrate pai tamén para nós
e guíanos no camiño da vida.
Acádanos graza, misericordia e valentía, e deféndenos de todo mal. Amén.Papa Francisco.
AcciónsAno de san Xosé na diocese de Tui-Vigo
Rezar con san Xosé
O bispo preside a eucaristía en San Xosé e Santa Rita
A diocese de Tui-Vigo pon música a oración a san Xosé
Ladaíñas na honra a san Xosé
Lugares xosefinos na diocese de Tui-Vigo
ActualidadeAno de san Xosé en Tui-Vigo
No Ano Xubilar de San Xosé, o Bispo presidirá a misa na parroquia de san Xosé Obreiro
Con motivo do Ano Xubilar de San Xose convocado polo papa Francisco, Mons. Luís Quinteiro Fiuza, bispo de Tui-Vigo, presidirá este sábado.
Rezar a San Xosé con 31 imáxenes
Recollemos as 31 imaxes publicadas na web coa oración de San Xosé, acompañada dunha obra do santo presente na nosa Diocese.
Soñar con San Xosé o soño de Deus
Onte, a Pastoral Vocacional celebrou o Día do Seminario cunha vixilia. Lee a crónica que acompañamos dun sorprendente testemuño.
San Xosé, modelo para os Seminarios e sacerdotes da Diocese de Tui-Vigo
O bispo Luis Quinteiro publica unha carta pastoral para celebrar o Día do Seminario e a solemnidade de san Xosé.