8 de Novembro de 2024

,

San Adeodato
8 de Novembro de 2024

,

San Adeodato

Ano Familia Amoris Laetitia

Ano Familia Amoris Laetitia

Ano Familia Amoris Laetitia

O 19 de marzo de 2021 comezou o Ano “Familia  Amoris  Laetitia”. O mesmo día en que a Igrexa celebra o 5º aniversario da publicación da exhortación apostólica  Amoris Laetitia, un texto que o papa Francisco dedica á beleza e a alegría do amor familiar. Este ano dedicado especialmente á familia concluirá o 26 de xuño de 2022, no X Encontro Mundial das Familias en Roma co Santo Padre.

Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida explica que o Ano “Familia  Amoris  Laetitia” é unha iniciativa do papa Francisco que se propón chegar a todas as familias do mundo a través de diversas propostas espirituais, pastorais e culturais que se poderán levar a cabo nas parroquias, dioceses, universidades, movementos eclesiais e asociacións familiares.

A experiencia da pandemia puxo de relevo o papel central da familia como Igrexa doméstica e a importancia dos lazos comunitarios entre as familias, que fan da Igrexa unha “familia de familias” (AL 87).

Esta merece un ano de celebracións para que sexa posta no centro do compromiso e do coidado de cada realidade pastoral e eclesial.

  • Difundir o contido da exhortación  apostólica Amoris Laetitia, para “facer experimentar que o Evanxeo da familia é alegría que enche o corazón e a vida enteira” (AL 200). Unha familia que descobre e experimenta a alegría de ter un don e,  á súa vez, de ser un don para a Igrexa e a sociedade “pode chegar a ser unha luz na escuridade do mundo” (AL 66). E o mundo de hoxe necesita esta luz!
  • Anunciar que o sacramento do matrimonio é un don e ten en si mesmo unha forza transformadora do amor humano. Para iso é necesario que os pastores e as familias camiñen xuntos nunha corresponsabilidade e complementariedade pastoral, entre as diferentes vocacións na Igrexa (cf. AL 203).
  • Facer ás familias protagonistas da pastoral familiar. Para iso requírese “un esforzo evanxelizador e catequístico dirixido á familia” (AL 200), xa que unha familia discípula convértese tamén nunha familia misioneira.
  • Concienciar á mocidade da importancia da formación na verdade do amor e o don de si mesmos, con iniciativas dedicadas a eles.
  • Ampliar a mirada e a acción da pastoral familiar para que se converta en transversal, para incluír aos esposos, aos nenos, aos mozos, ás persoas maiores e ás situacións de fraxilidade familiar.

As conferencias episcopais, as dioceses, as parroquias, os movementos eclesiais, as asociacións familiares e, especialmente, as familias de todo o mundo. En definitiva, o Ano da Familia é unha invitación a todas as comunidades a participar e converterse en protagonistas con novas propostas para poñer en marcha en cada igrexa local (diocese, parroquias, comunidades eclesiais).

Ano da Familia Amoris Laetitiaen vídeo

Recursoscreados polo Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida

Proxecto “10 Vídeos Amoris Laetitia”
O Santo Padre explicará os capítulos da exhortación apostólica Amoris Laetitia, xunto coas familias que darán testemuño dalgúns aspectos da súa vida cotiá. Cada mes difundirase un vídeo para espertar o interese pastoral pola familia nas dioceses e parroquias de todo o mundo. O primeiro vídeo farase público o 19 de marzo, coincidindo coa apertura do Ano «Familia Amoris Laetitia».
Clica para verlos
#IamChurch
Difusión dalgúns vídeos testemuñais sobre o protagonismo eclesial e a fe das persoas con discapacidade.
Clica para conocerlos
Previous slide
Next slide

EventosFamilia Amoris Laetitia

O noso amor cotián
Evento en liña organizado polo Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida, a diocese de Roma e o Pontificio Instituto Teolóxico Xoán Paulo II para abrir este ano dedicado á familia.
Fórum: Onde estamos con Amoris Laetitia?
Estratexias para a aplicación da exhortación apostólica do papa Francisco”, cos responsables das delegacións de pastoral familiar das conferencias episcopais, movementos e asociacións familiares internacionais.
Xornada para os avós e as persoas maiores
A partir deste ano, celebrarase o cuarto domingo de xullo, preto da memoria litúrxica dos santos Joaquín e Ana, avós de Xesús.
X Encontro Mundial das Familias
«O amor familiar: vocación e camiño de santidade» é o tema elexido polo papa Francisco para o vindeiro Encontro Mundial das Familias que se celebrará en Roma en xuño de 2022.
X Encontro Mundial das Familias
«O amor familiar: vocación e camiño de santidade» é o tema elexido polo papa Francisco para o vindeiro Encontro Mundial das Familias que se celebrará en Roma en xuño de 2022.
Semana do Matrimonio
A iniciativa nace co obxetivo de ofrecer unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, así como para mostrar a sociedade a beleza do sacramento.
19 de marzo de 2021.
Do 9 ao 12 de xuño de 2021.
25 de xullo de 2021.
26 de xuño de 2021.
Desde 4 de febreiro.
Do 14 ao 20 de febreiro.

RecursosFamilia Amoris Laetitia en España

ActualidadeFamilia Amoris Laetitia en Tui-Vigo