O 19 de marzo de 2021 comezou o Ano “Familia Amoris Laetitia”. O mesmo día en que a Igrexa celebra o 5º aniversario da publicación da exhortación apostólica Amoris Laetitia, un texto que o papa Francisco dedica á beleza e a alegría do amor familiar. Este ano dedicado especialmente á familia concluirá o 26 de xuño de 2022, no X Encontro Mundial das Familias en Roma co Santo Padre.

O Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida explica que o Ano “Familia Amoris Laetitia” é unha iniciativa do papa Francisco que se propón chegar a todas as familias do mundo a través de diversas propostas espirituais, pastorais e culturais que se poderán levar a cabo nas parroquias, dioceses, universidades, movementos eclesiais e asociacións familiares.
A experiencia da pandemia puxo de relevo o papel central da familia como Igrexa doméstica e a importancia dos lazos comunitarios entre as familias, que fan da Igrexa unha “familia de familias” (AL 87).
Esta merece un ano de celebracións para que sexa posta no centro do compromiso e do coidado de cada realidade pastoral e eclesial.
- Difundir o contido da exhortación apostólica Amoris Laetitia, para “facer experimentar que o Evanxeo da familia é alegría que enche o corazón e a vida enteira” (AL 200). Unha familia que descobre e experimenta a alegría de ter un don e, á súa vez, de ser un don para a Igrexa e a sociedade “pode chegar a ser unha luz na escuridade do mundo” (AL 66). E o mundo de hoxe necesita esta luz!
- Anunciar que o sacramento do matrimonio é un don e ten en si mesmo unha forza transformadora do amor humano. Para iso é necesario que os pastores e as familias camiñen xuntos nunha corresponsabilidade e complementariedade pastoral, entre as diferentes vocacións na Igrexa (cf. AL 203).
- Facer ás familias protagonistas da pastoral familiar. Para iso requírese “un esforzo evanxelizador e catequístico dirixido á familia” (AL 200), xa que unha familia discípula convértese tamén nunha familia misioneira.
- Concienciar á mocidade da importancia da formación na verdade do amor e o don de si mesmos, con iniciativas dedicadas a eles.
- Ampliar a mirada e a acción da pastoral familiar para que se converta en transversal, para incluír aos esposos, aos nenos, aos mozos, ás persoas maiores e ás situacións de fraxilidade familiar.
As conferencias episcopais, as dioceses, as parroquias, os movementos eclesiais, as asociacións familiares e, especialmente, as familias de todo o mundo. En definitiva, o Ano da Familia é unha invitación a todas as comunidades a participar e converterse en protagonistas con novas propostas para poñer en marcha en cada igrexa local (diocese, parroquias, comunidades eclesiais).
Recursoscreados polo Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida
EventosFamilia Amoris Laetitia
O noso amor cotián
Fórum: Onde estamos con Amoris Laetitia?
Xornada para os avós e as persoas maiores
X Encontro Mundial das Familias
X Encontro Mundial das Familias
Semana do Matrimonio
ActualidadeFamilia Amoris Laetitia en Tui-Vigo

T1 🎙 | Igrexa Noticia Tui-Vigo #14
Escóitanos en directo, cada domingo, ás 09:45 horas en COPE Vigo no: 87.8 FM | 104.7 FM | 900 OM. Hoxe falamos da Semana do Matrimonio.

T4 🎙 | O Espello de Tui-Vigo #46
Escóitanos en directo, cada venres, ás 13:33 en COPE Vigo no: 87.8 FM | 104.7 FM | 900 OM. Hoxe falamos da Semana do Matrimonio.

Matrimonio é +: Actos do fin de semana
A Semana do Matrimonio finaliza esta fin de semana cunha vixilia de oración e unha eucaristía de clausura na cidade de Vigo.

PODCAST 📻 | «Matrimonio es +», una oportunidad para descubrir la belleza del sacramento
Do 14 ao 20 de febreiro, a delegación de Pastoral Familiar celebra a Semana do Matrimonio para redescubrir a beleza do sacramento.

Matrimonio é +: Roteiro romántico para parellas
A delegación de Pastoral Familiar organiza un roteiro romántico pola cidade de Tui que comezará ás 21 horas no paseo da Corredera.

Matrimonio é+: Oración multimedia para mozos e mozas
Será o mércores 16 de febreiro, ás 21 horas, no templo parroquial do Corazón de María de Vigo. Dirixida a parellas e a xuventude.

Matrimonio é +: App móbil
Do 14 ao 20 de febreiro, a diocese de Tui-Vigo unirase a celebración da Semana do Matrimonio, baioxo o lema «Matrimonio é +».

Unha semana para celebra a beleza do Matrimonio
É unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, así como para mostrar á sociedade a beleza do sacramento.