O 19 de marzo de 2021 comezou o Ano “Familia Amoris Laetitia”. O mesmo día en que a Igrexa celebra o 5º aniversario da publicación da exhortación apostólica Amoris Laetitia, un texto que o papa Francisco dedica á beleza e a alegría do amor familiar. Este ano dedicado especialmente á familia concluirá o 26 de xuño de 2022, no X Encontro Mundial das Familias en Roma co Santo Padre.

O Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida explica que o Ano “Familia Amoris Laetitia” é unha iniciativa do papa Francisco que se propón chegar a todas as familias do mundo a través de diversas propostas espirituais, pastorais e culturais que se poderán levar a cabo nas parroquias, dioceses, universidades, movementos eclesiais e asociacións familiares.
A experiencia da pandemia puxo de relevo o papel central da familia como Igrexa doméstica e a importancia dos lazos comunitarios entre as familias, que fan da Igrexa unha “familia de familias” (AL 87).
Esta merece un ano de celebracións para que sexa posta no centro do compromiso e do coidado de cada realidade pastoral e eclesial.
- Difundir o contido da exhortación apostólica Amoris Laetitia, para “facer experimentar que o Evanxeo da familia é alegría que enche o corazón e a vida enteira” (AL 200). Unha familia que descobre e experimenta a alegría de ter un don e, á súa vez, de ser un don para a Igrexa e a sociedade “pode chegar a ser unha luz na escuridade do mundo” (AL 66). E o mundo de hoxe necesita esta luz!
- Anunciar que o sacramento do matrimonio é un don e ten en si mesmo unha forza transformadora do amor humano. Para iso é necesario que os pastores e as familias camiñen xuntos nunha corresponsabilidade e complementariedade pastoral, entre as diferentes vocacións na Igrexa (cf. AL 203).
- Facer ás familias protagonistas da pastoral familiar. Para iso requírese “un esforzo evanxelizador e catequístico dirixido á familia” (AL 200), xa que unha familia discípula convértese tamén nunha familia misioneira.
- Concienciar á mocidade da importancia da formación na verdade do amor e o don de si mesmos, con iniciativas dedicadas a eles.
- Ampliar a mirada e a acción da pastoral familiar para que se converta en transversal, para incluír aos esposos, aos nenos, aos mozos, ás persoas maiores e ás situacións de fraxilidade familiar.
As conferencias episcopais, as dioceses, as parroquias, os movementos eclesiais, as asociacións familiares e, especialmente, as familias de todo o mundo. En definitiva, o Ano da Familia é unha invitación a todas as comunidades a participar e converterse en protagonistas con novas propostas para poñer en marcha en cada igrexa local (diocese, parroquias, comunidades eclesiais).
Recursoscreados polo Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida
EventosFamilia Amoris Laetitia
O noso amor cotián
Fórum: Onde estamos con Amoris Laetitia?
Xornada para os avós e as persoas maiores
X Encontro Mundial das Familias
X Encontro Mundial das Familias
Semana do Matrimonio
ActualidadeFamilia Amoris Laetitia en Tui-Vigo

GALERÍA 📸 | Encontro Diocesano de Familias
O Encontro Diocesano de Familias tivo como obxectivo compartir a alegría de ser familia no marco do «Ano Familia Amoris Laetitia».

A delegación de Pastoral Familiar organiza un Encontro de Familias para descubrir a alegría do Amor
A delegación diocesana de Pastoral Familiar organiza un Encontro Diocesano de Familias para compartir a alegría de ser familia.

Como celebra a diocese de Tui-Vigo o Ano Familia Amoris Laetitia?
Desde o 19 de marzo de 2021, a Igrexa Universal está inmersa no Ano “Familia Amoris Laetitia”, convocado polo papa Francisco.

GALERÍA 📸 | I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores
A Igrexa universal convoca a I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores que na diocese de Tui-Vigo celebrouse en Vigo.

VÍDEO 🎥 | I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores
A diocese de Tui-Vigo recoñeceu o labor dos avós e persoas maiores a través da eucaristía presidida polo bispo Mons. Luís Quinteiro Fiuza.

Segue en streaming a I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores
A diocese de Tui-Vigo retransmitirá en streaming a I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores o próximo venres, 23 de xullo.

A Igrexa celebra por primeira vez a Xornada dos Avós e Persoas Maiores
O próximo 26 de xullo a Igrexa en España celebra por primeira vez a Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores.

O papa Francisco publica a súa mensaxe para a I Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores
O papa Francisco publicou a súa mensaxe para a celebración da. I Xornada Mundial dos Avós e as Persoas Maiores.