9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

2021: Ano Xubilar de San Xosé dedicado á Familia

2021: Ano Xubilar de San Xosé dedicado á Familia

O papa Francisco anunciou o pasado 8 de decembro, solemnidade da Inmaculada Concepción, o inicio dun Ano Xubilar dedicado a San Xosé que finalizará o 8 de decembro de 2021. En sintonía con este anuncio, o último domingo de 2020, festa da Sagrada Familia, o Santo Pai convocou un ano especial dedicado á familia que comezará o próximo 19 de marzo.

O Ano Xubilar de San Xosé coincide co 150 aniversario da declaración asinada polo beato Pío IX que declaraba a este como Patrón da Igrexa católica. Para profundar na figura do pai de adoptivo de Xesús, o papa Francisco publicou a Carta  Apostólica,  Patris  Corde —Corazón de pai—, na que explica que «San Xosé lémbranos que todos os que están aparentemente ocultos ou en “segunda liña” teñen un protagonismo sen igual na historia da salvación».

Á publicación desta Carta Apostólica e o anuncio deste ano Xubilar, súmase a convocatoria dun ano especial dedicado á Familia con motivo do quinto aniversario da súa segunda  Exhortación  Apostólica,  Amoris  Laetitia, publicada en 2016. Este ano comezará o propio día do aniversario da  exhortación, o 19 de marzo de 2021 —solemnidade de San Xosé—, e clausurarase co X Encontro Mundial das Familias que se celebrará en Roma en xuño de 2022.

O Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida publicou un documento co que animar ás dioceses a afondar e reflexionar acerca desta  Exhortación  Apostólica, a través do proxecto “Familia  Amoris  Laetitia”. A este documento, súmase o material de traballo desenvolvido a través do portal web: www.amorislaetitia.va.

2021 preséntase como un ano protagonizado pola familia, con San Xosé á cabeza, e, para celebralo, a Diocese de Tui-Vigo conta con diversos templos dedicados a estas advocacións. En total, son cinco as igrexas dedicadas á figura de San Xosé —catro templos parroquiais e unha capela— en Chandebrito, A Laxe, Ribarteme, Vigo e Prado. A eles, súmase a igrexa da Sagrada Familia situada na cidade viguesa.

A continuación, achéganse os documentos que a Santa Sé pon ao dispor dos fieis e que, no ámbito da Igrexa local de Tui-Vigo, poden constituír instrumentos crave para a reflexión nas comunidades parroquiais.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp