12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

Ano Santo Xacobeo 2021: Camiñar a Santiago con esperanza

Ano Santo Xacobeo 2021: Camiñar a Santiago con esperanza

Luns 30 de NOVEMBRO, ás 20 horas

CHARLA – COLOQUIO “ANO SANTO XACOBEO 2021: CAMIÑAR A SANTIAGO CON ESPERANZA”

CONFERENCIANTE:

Mons. JULIÁN BARRIO BARRIO

(Arcebispo de Santiago de Compostela )

Moderador:

Alberto Cuevas

 (Sacerdote e periodista)

(aforo limitado a 30 persoas polas restriccións Covid-19)


Na proximidade das celebracións do Ano Santo Compostelán 2021, que terá indubidablemente repercusión universal e do que se farán distintas presentacións en lugares principais de Galicia e do mundo, o CLUB FARO convidou a facelo na nosa cidade ao máximo responsable deste acontecemento espiritual e social, Mons. Julián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago de Compostela.

“Dá que pensar o paradoxo presente de que habemos de saír da nosa terra cando estivemos confinados nas nosas casas, pois é ese espazo habitualmente tan familiar o que agora se nos volve incerteza. Pero habemos de confiar (…) pois aínda que houbese que facelo con restricións, non habemos de botar pola borda o Ano de graza que se nos ofrece para revitalizar a nosa espiritualidade e fortalecer a nosa esperanza”, escribiu recentemente o Arcebispo compostelán.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp