30/09/2022

,

San Jerónimo
30/09/2022

,

San Jerónimo

Dispoñibles as antífonas musicalizadas dos salmos de Coresma

Dispoñibles as antífonas musicalizadas dos salmos de Coresma

A delegación de Liturxia continúa coa  musicalización das  antífonas dos  salmos dominicais e esta semana presentou os correspondentes ao tempo de Coresma. As partituras e os audios poden atoparse na sección de recursos da web diocesana, na que xa se poden atopar os  salmos de Advento, Nadal e seis primeiras semanas do Tempo Ordinario do ciclo  B.

A composición e  musicalización corre a cargo do sacerdote diocesano e prefecto de música do cabido catedralicio de Tui, Daniel Goberna, quen, nesta ocasión, contou con outros mozos músicos da Diocese de Tui-Vigo para a gravación destas cinco  antífonas.

Este proxecto comezou o pasado mes de decembro co obxectivo de axudar ás parroquias, asociacións e demais movementos diocesanos a vivir con maior intensidade a liturxia dominical nas súas respectivas comunidades cristiás.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp