5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska
5 de Outubro de 2024

,

Santa María Faustina Kowalska

Antonio Valín Valdés, sacerdote de Ribadeo, bispo electo de Tui-Vigo

Antonio Valín Valdés, sacerdote de Ribadeo, bispo electo de Tui-Vigo
FOTO.- Mons. Antonio Valín Valdés, obispo electo de Tui-Vigo

Hoxe, ás 12 horas, a Nunciatura Apostólica en España anunciou que o novo bispo da diocese de Tui-Vigo será o sacerdote ribadense Antonio Valín Valdés, ata o de agora vicario xeral da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Así, anúnciase tamén que o papa Francisco aceptou a renuncia do bispo Mons. Luís Quinteiro que foi presentada o 26 de xuño de 2022, ao cumprir 75 anos, tal e como establece o Código de Dereito Canónico.

A ordenación episcopal e a toma de posesión de Mons. Antonio Valín Valdés como bispo terá lugar na catedral de Tui, o sábado 20 de xullo de 2024. Máis adiante ofreceranse máis detalles acerca dese acontecemento e, ata entón, o santo padre designou como administrador apostólico ao actual bispo emérito, Mons. Luís Quinteiro.

No seu saúdo á diocese de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín expresou que soña «cunha Igrexa na que todos e todas, cadaquén coa súa sensibilidade e poñendo o seu gran de área, se sinta convocado, partícipe e responsable nesta nova etapa sinodal que estamos a vivir na Igrexa, á que tantas veces nos convoca o Papa Francisco». Así, pon de manifesto que «esté o momento, o “agora” no que co evanxeo na man, poñendo os pés ben na terra e o corazón no ceo, estamos chamados a reflectir o rostro máis fermoso dunha Igrexa que quere ser nai pobre, casa de todos, discípula e misioneira; unha Igrexa na que todos se sintan na casa e en familia».  Para logarlo, Mons. Valín subliña que « camiñamos sós, nin por libre: imos xuntos, en familia, axudándonos uns a outros, recibindo unha herdade de moitos séculos de vida, con grandes testemuñas da fe, que temos que seguir transmitindo. Todos, sacerdotes, consagrados, contemplativos, seminaristas, leigos… todos nos necesitamos e xuntos, faremos camiño».

Tamén agradeceu o traballo e entrega de Mons. Luís Quinteiro durante estes anos, « así como a súa cercanía, cariño e calidez na acollida nesa diocese. Seguro que nel terei un pai e irmán que me axude neste ministerio».

Datos biográficos de Mons. Antonio Valín Valdés

Naceu en Ribadeo (Lugo) en 1968 e, tras cursar o Teologado diocesano no Instituto Teolóxico Compostelán, foi ordenado sacerdote na catedral de Mondoñedo, no ano 1993. Ademais do Bacharel en Teoloxía, é máster en Comunicación Cristiá. Desde o ano 2021 e ata a actualidade, foi párroco in solidum e moderador da UPA (Unidade Pastoral) de Foz, así como vicario xeneral e moderador da Curia da diocese mindoniense.

O seu ministerio sacerdotal comezou como formador e profesor do Seminario de Mondoñedo, ata que foi nomeado en 1999, subdelegado de Pastoral Xuvenil e, ao ano seguinte, director da residencia universitaria da Domus Ecclesiae de Ferrol. Tamén foi profesor do ISCRD «San Agustín» e da EDT.

En 2001, exerceu como reitor do Seminario Menor de Mondoñedo e, pronto, como delegado diocesano de Pastoral Vocacional. Tamén lle encargaron ser director espiritual dos seminarios Menor e Maior.

No ámbito parroquial, exerceu de párroco en diferentes parroquias como a de San Sadurniño e como membro do equipo sacerdotal de Vilalba-Abadín-Xermade e arcipreste de Mondoñedo.

Outros encargos no ámbito diocesano foron: secretario de Pastoral, delegado do Ano Xubilar da Misericordia, membro do Consello Presbiteral, membro do Colexio de Consultores, membro do Consello Diocesano de Gobierno e do Consello de Pastoral e, en 2017, vigairo episcopal para a Evanxelización ata ocupar, en 2020, o cargo de administrador diocesano, previo á toma de posesión de Mons. Fernando García Cadiñanos como bispo de Mondoñedo -Ferrol, quen lle confirmo no cargo de vicario xeral.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp