9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego
9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego

Apareceu o corpo sen vida do sacerdote don Ignacio Barrio

Apareceu o corpo sen vida do sacerdote don Ignacio Barrio
FOTO.- El sacerdote Ignacio Barrio desapareció de la residencia sacerdotal el 28 de octubre

Como xa difundiron os distintos medios de comunicación, a Policía Nacional comunicou á noitiña da tarde do sábado 2 de novembro, a aparición —nas inmediacións do parque da Riouxa e a nave de Frigalsa  en Teis—, do corpo sen vida do sacerdote Ignacio Barrio González, que, desde a tarde do pasado luns día 28 de outubro, faltaba do seu domicilio actual, a Residencia Sacerdotal Nosa Señora da Guía, de onde saíra a pasear como facía habitualmente despois de merendar.

Os informes indican que, ao parecer, no seu paseo diario Ignacio, nun descoido, caeu por un terraplén a un lugar de moi difícil acceso próximo á vía do tren, do que tiveron que sacalo con cordas os bombeiros. Foron uns familiares, a sobriña e o seu noivo, ao facer unha nova batida, quen o atopou morto nunha zona que xa fora rastrexada polo aire con drons.

Unha vez que se cumpran as dilixencias legais sobre a autopsia e demais, o seu corpo será velado no Tanatorio. Vigomemorial (Sala n.4) O funeral polo seu eterno descanso terá lugar o martes día 5 ás 11:00 horas  na  concatedral-basílica viguesa de santa María, onde exerceu temporalmente o seu ministerio; na máis estrita intimidade o seu corpo será sepulto como era a súa vontade, na súa parroquia natal de Rubiana  (Ourense) da diocese de Astorga.

Don Ignacio nacera hai 85 anos na parroquia na que van depositarse os seus restos mortais e foi ordenado sacerdote hai 59 anos en Santiago de Compostela (1965). Incardinado nesta diocese de Tui-Vigo en 1983, encargóuselle a parroquia de Petelos  e a capelanía do Hospital psiquiátrico Rebullón. En 1986, serviu como adscrito na parroquia de Santa María de Vigo e en 1990 noméaselle párroco de Atios  e o seu anejo de Cans  elixíndolle os seus compañeiros Arcipreste da Louriña. No ano 1998, será nomeado párroco de Ribadelouro  e, no ano 2002, tamén de santo Pedro de Cela. No ano 2010, deixando as parroquias da Louriña adscribíronselle labores de axuda ministerial na parroquia viguesa de Santiago o Maior ata que a súa deterioración lle animou, en 2020, a ingresar na Residencia sacerdotal Nosa Señora da Guía na que actualmente vivía.

Descansa xa en paz Ignacio, o que con frecuencia repetía «gustaríame morrer camiñando».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp