16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Apertura do Ano Xubilar Franciscano na diocese de Tui-Vigo

Apertura do Ano Xubilar Franciscano na diocese de Tui-Vigo

Este xoves, 12 de febreiro, ás sete da tarde na parroquia de María Nai do Bo Pastor (PP. Capuchinos), o bispo da Diocese, Mons. D. Antonio Valín, presidirá a Eucaristía con motivo do inicio do Ano Xubilar Franciscano.

A familia franciscana celebra este ano o 800 aniversario do Tránsito (morte) de San Francisco de Asís en 1226. Ante esta efeméride o Papa dispuxo que, dende o 10 de xaneiro de 2026 ata o 10 de xaneiro de 2027, se celebre este Ano Xubilar de San Francisco.

Ó longo deste Ano Xubilar, poderase gañar a indulxencia plenaria, visitando calquera igrexa franciscana, ou lugar de culto en calquera parte da Diocese dedicado a San Francisco ou relacionado con el, ademais de cumplir coas condicións habituais (confesión sacramental, comunión eucarística e oración según as intencións do Santo Padre).

Na nosa Diocese a presencia franciscana é moi significativa:

En Vigo:

  • A orden franciscana de Irmáns Menores Capuchinos, OFM Cap, quenes atenden a parroquia de María Nai do Bo Pastor.
  • Orden Franciscana de Irmáns Menores, OFM que atende a parroquia de San Francisco de Asís.
  • Franciscanas Misioneras Nai do Divino Pastor (Colexio Mariano)
  • Franciscanas Misioneras de María (Casa Virxe da Guía)

En outros lugares da Diocese:

  • Convento Franciscano de San Diego de Canedo (Ponteareas)
  • Mosteiro de Santa María da Concepción (Mosteiro das Clarisas en Tui)
  • Franciscanas Hospitalarias da Inmaculada Concepción (Residencia de Paz e Ben en Tui)