Como xa é costume, o próximo sábado día 9 de novembro celebraremos o Retiro espiritual de Apostolado Segrar, con motivo do Día da Igrexa Diocesana que terá lugar ao día seguinte, 10 de novembro.
Aberto a todo o laicado, o retiro realizarase na Parroquia do Corazón de María en Vigo (r/Honduras 7, baixo), de 10:30 a 13:15h. Ás 12:30h celebrarase a Eucaristía, e a meditación que inclúe esta xornada estará dirixida por don Javier Pascual, avogado e profesor da Escola de Maxisterio.
Trátase dunha actividade contemplada na Programación Diocesana, que organiza o Consello Diocesano de Leigos e a Delegación Episcopal de Apostolado Segrar, e que conta coa colaboración da Parroquia do Corazón de María de Vigo