A delegación episcopal de Apostolado Segrar organiza unha misa cos movementos, asociacións laicais e delegacións que teñen a súa sede no edificio de Vázquez Varela, con motivo do Nadal. A celebración, presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, terá lugar mañá, martes 15 de decembro, ás 18:00 h no templo parroquial de San Xosé Obreiro de Vigo.
Habitualmente, o acto celebrábase no oratorio da Acción Católica diocesana, seguido dun intre de convivencia para fortalecer os vínculos de unión entre as diferentes realidades da Igrexa de Tui-Vigo. Este ano, debido ás restricións de sanitarias, tívose que suspender o momento de fraternidade e trasladouse a misa á parroquia de San Xosé Obreiro para garantir as medidas de seguridade fronte á pandemia.
Na eucaristía, lembrarase a todos os defuntos do ano, especialmente, a Maria del Carmen Grobas delegada de Apostolado do Mar nos últimos anos e falecida o pasado 8 de decembro.