«A viaxe en Deus» é o título do cuarto libro de Apuntes sobre a oración. Na páxina web
«Cara ao Xubileu 2025» xa está dispoñible o texto íntegro. Ademais, ofrécese unha síntese, un podcast descargable, un vídeo e un subsidio para a oración comunitaria en parroquias ou grupos.
Este cuarto libro explora a rica tradición espiritual cristiá, enfocándose na oración e a meditación. Achéganos ás experiencias e ensinos de santos soados como Agustín de Hipona, Teresa de Ávila, Tomás de Aquino e Teresa de Lisieux.
«A viaxe en Deus» é unha invitación para contemplar a relación entre a fraxilidade humana e a graza divina. Ensínanos que a procura de Dios é un camiño continuo de conversión, humildade e confianza baseado na oración.