20 de Xullo de 2024

,

San Apolinar de Rávena
20 de Xullo de 2024

,

San Apolinar de Rávena

Apuntes sobre a oración, quinto libro: «As parábolas na oración»

Apuntes sobre a oración, quinto libro: «As parábolas na oración»

Na páxina web «Cara ao Xubileu 2025» xa está dispoñible o quinto libro de Apuntes sobre a oración:«As parábolas na oración».

Ademais do texto íntegro, ofrécese, de cada volume, unha síntese, un podcast descargable, un vídeo e un subsidio para a oración comunitaria en parroquias ou grupos

Neste libro, Xesús mostra cinco aspectos esenciais da oración do cristián a través de cinco parábolas: o amigo inoportuno; o fillo pródigo; a viúva e o xuíz; o fariseo e o publicano no templo; e a figueira e o reino de Dios.

En todas estas parábolas, Xesús ensinou a orar, orando. É o núcleo esencial do seu ensino sobre a oración. O «noso pai» é o manifesto da oración para todo discípulo e esa oración faise visible nas parábolas nas que Xesús ensina a rezar.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp