18 de Marzo de 2025,
San Cirilo de Jerusalén,

Areas de Tui recibiu ao seu novo párroco

Areas de Tui recibiu ao seu novo párroco
FOTO.- Juan de Olazabal durante la celebración presidida por el obispo tudense | © Fabiola Zarauza

O domingo 2 de marzo, ás 17.00 horas, no templo parroquial de Santa María de Areas, o sacerdote Juan de Olazábal Zarauza tomou posesión do seu novo cargo á fronte desta parroquia, responsabilidade que compaxinará como párroco en Pexegueiro e como vigairo parroquial do Sagrario da Catedral de Tui. O bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidiu a eucaristía.

O vigués Juan de Olazabal Zarauza recibiu o sacramento da Orde Sacerdotal o 7 de xullo de 2019, na catedral de Tui. Ademais da licenciatura en Teoloxía, cursou Teoloxía Espiritual na Universidade Pontificia de Comillas. En 2019, foi nomeado delegado diocesano de Catequese e, en 2024, membro do órgano de control do Fondo Común Diocesano. Exerceu o seu ministerio sacerdotal como vigairo parroquial en Vigo: primeiro, na Nosa Señora das Neves, Santo Ignacio de Loyola e San Salvador; e despois, no Sagrado Corazón de Xesús e en San Francisco Xavier.