Este venres ás 21.30 horas chega a TRECE unha nova edición de “Un lugar na terra”, un programa no que poderemos descubrir o patrimonio e os tesouros das diferentes dioceses españolas, desde as máis grandes ás máis pequenas.
Cada venres TRECE viaxará por cada unha das dioceses de España, sendo o primeiro programa dedicado a nosa diocese de Tui-Vigo. O sacerdote Fidel Gómez, presentador de dito contido, abrirá as portas aos espectadores para dar a coñecer o patrimonio e o labor da Igrexa en diversos puntos de España. Auténticas historias de fe, entrega e esperanza. Non te perdas cada venres ás 21.30 horas “Un lugar na terra”!