16 de Xuño de 2024

,

Juan Francisco de Regis
16 de Xuño de 2024

,

Juan Francisco de Regis

«Ars Longa», no XVI Ciclo de Música San Martiño de Barcia de Mera

«Ars Longa», no XVI Ciclo de Música San Martiño de Barcia de Mera
FOTO.- Iglesia de San Martiño de Barcia de Mera | © Santiago Vega

O sábado 25 de maio, ás 20 horas, na igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, o grupo de música «Ars Longa» ofrecerá un concerto con música dos séculos XVI e XVII de América —Gaspar Fernández, Francisco Vidales ou Frei Gerónimo González, entre outros—, no marco da XVI edición do Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera.

A parroquia de Barcia de Mera, situada no municipio pontevedrés de Covelo , acolle cada verán este ciclo musical que, nesta ocasión, conta cun total de oito  concertos programados desde abril ata setembro no que se interpretarán obras de músicos como Mozart, Chopin ou Hans Zimmer, entre outros. Todas as persoas interesadas en solicitar máis información ou efectuar a súa reserva a cada un dos concertos, poden facelo a través do número de teléfono: 658 627 525.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp