O mosteiro da Transfiguración do Señor das monxas beneditinas en Trasmañó acollerá o segundo retiro para sacerdotes que organiza a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo, o mércores 7 de agosto, ás 11.00 horas. Tras o retiro inicial, haberá oportunidade de gozar dunha comida de confraternización, comunicándoo previamente ao vigairo para o Clero, José Diéguez Dieppa.
O obxectivo destes encontros é compartir un intre de oración e confraternización entre o clero diocesano, durante os meses estivais de xullo, agosto e setembro. O último destes retiros terá lugar no santuario da Nosa Señora da Franqueira, ás 11.00 horas do 4 de setembro.
Ademais destes retiros durante o verán, cada ano, a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo encárgase de organizar unha quenda de exercicios espirituais para sacerdotes. Tamén promove a participación nas xornadas de formación permanente para sacerdotes que teñen lugar en Poio durante o mes de setembro, e que son posibles grazas ao traballo conxunto das delegacións do Clero da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela.