O 18 de outubro, ás 11.00 horas, o Seminario de Lugo acolle a Xornada Interdiocesana de Pastoral Xuvenil que organizan as delegacións das cinco dioceses galegas, co obxectivo ofrecer un espazo de encontro entre mozos de toda a comunidade autónoma. A delegación diocesana de Pastoral Xuvenil e Universitaria da diocese de Tui-Vigo xa abriu o formulario de inscrición para os mozos interesados en asistir.
Durante a mañá, os asistentes poderán revivir a experiencia do Xubileu da Mocidade que tivo lugar en Roma durante o pasado mes de agosto. Así, as delegacións galegas propoñen un espazo de diálogo cos mozos, seguindo o exemplo do papa León XIV quen, durante a vixilia de oración en Tor Vergata, respondeu as preguntas sobre a amizade, o valor de decidir e a chamada ao ben que mozos de diferentes partes do mundo expuxeron ao santo pai.
Pola tarde, están a organizarse un percorrido polas parroquias de Santiago a Nova, San Froilán e San Pedro, no que se darán a coñecer tres testemuños vocacionais sobre o matrimonio, o sacerdocio e a vida consagrada. O encontro finalizará ás 18.00 horas, coa eucaristía presidida polo bispo de Lugo, monseñor Alfonso Rouco Carrasco, no templo catedralicio. Cada ano, as delegacións de Pastoral Xuvenil de Galicia organizan esta xornada non só para que os mozos poidan intercambiar experiencias e compartir a súa fe, senón para enriquecer a pastoral diocesana. Sumándose a esta iniciativa, a delegación de Tui-Vigo quere axudar aos mozos para crer na identificación, pertenza e corresponsabilidade eclesial, tanto no ámbito diocesano como interdiocesano.