9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

As Dominicas de Baiona acollen a Xornada Pro Orantibus

As Dominicas de Baiona acollen a Xornada Pro Orantibus
Foto: Interior de la iglesia del monasterio de la Anunciada de las Dominicas, en Baiona

Con motivo da Xornada Pro Orantibus que, este ano, a Igrexa en España celebra baixo o lema «Xerar esperanza», o domingo 4 de xuño, festa da Santísima Trindade, ás 19 horas, o mosteiro das Dominicas de Baiona, que recentemente recibiu novas irmás para reforzar a comunidade, acollerá o rezo das segundas vésperas da Trindade que organiza a delegación episcopal de Vida Consagrada da diocese de Tui-Vigo.

Alfredo García, delegado diocesano de Vida Consagrada, agradece aos 6 mosteiros de vida contemplativa presentes no territorio eclesial da diocese «a súa fidelidade e o testemuño de esperanza no medio das dificultades nas que viven. En particular, agradecen o esforzo que algúns mosteiros están a facer por incorporar novas irmás —como no caso das Dominicas de Baiona—, para así seguir sendo presenza viva da vida contemplativa na nosa diocese de Tui-Vigo».

A Xornada Prol Orantibus é unha invitación para orar por aqueles que oran continuamente por nós e, consecuentemente, polo aumento de vocacións a este estilo de vida. Ademais, ofrécese a oportunidade de renovar o compromiso contemplativo da vocación eclesial de todo o pobo de Deus, pois, tal e como dicía Bieito XVI, «estes lugares, aparentemente inútiles, son os “pulmóns” verdes dunha cidade: fan ben a todos, mesmo aos que non os frecuentan e talvez ignoran a súa existencia».

Na actualidade, a diocese de Tui-Vigo conta cun total de 6 mosteiros de vida contemplativa, nos que viven 38 monxas. Ademais, na diocese hai presenza de máis de 40  congregacións de diferentes carismas —Xesuítas, Claretianos, Redentoristas, Salesianos, etc.—, o que supón un total de 172 relixiosos e relixiosas, que desenvolven o labor da Igrexa no territorio eclesial de Tui-Vigo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp