O mércores 31 de xullo, memoria litúrxica de santo Ignacio de Loyola, ás 13.00 horas, as obras da Compañía de Xesús presentes na cidade de Vigo organizan unha eucaristía en honra ao seu fundador e patrón, na igrexa dos Apóstolos (C/Marqués de Valladares, nº16).
A pesar do peche da comunidade de xesuítas na cidade de Vigo, o pasado mes de xuño de 2023, a Compañía de Xesús continúa presente «a través do colexio Apóstolo Santiago, liderado na actualidade por un equipo de profesionais formados na espiritualidade ignaciana, así como Radio ECCA, a Fundación Entreculturas e o Centro Loyola», tal e como a institución ignaciana comunicou o 25 de agosto de 2022, mediante o seu portal web de noticias InfoSJ.