25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

As parroquias da Soidade e Santa María de Cabral acollen o Sabat Mater de Dobrogosz.

As parroquias da Soidade e Santa María de Cabral acollen o Sabat Mater de Dobrogosz.
FOTO: © Hoàng Tiến Việt, para Pexels

Na proximidade da Semana Santa é sen dúbida un acontecemento relixioso e cultural de primeira magnitude, o poder escoitar nestas dúas igrexas da nosa cidade o Stabat Mater para coro e orquestra do compositor americano Steve Dobrogosz. O coro Gli Appassionati xunto á Camerata Arven volven novamente a escena para ofrecernos ese agasallo. Terá lugar ás 20 horas dos próximos días 9 e 15 de marzo, respectivamente, nas igrexas da nosa Señora da Soidade (O Castro) e Santa Mariña de Cabral.

Os Appassionati xunto á Camerata Arven, foron os primeiros en España en cantar, fóra dos ámbitos académicos, de forma profesional e con gran acollida do público, esta peza tanto en Vigo como en Córdoba en abril do 2022. Agora, debido ao gran interese que suscita este Stabat  Mater, tan orixinal e distinto, a formación viguesa decidiu volver ofrecela ao público, en dous marcos ou escenarios moi apropiados para referirse a canto expresa este coñecido himno: un templo dedicado á Virxe da Soidade e a igrexa da parroquia de Cabral de tanta devoción á Virxe Dolorosa.

 No Stabat Mater de Dobrogosz  combínanse maxistralmente os elementos da música clásica e do jazz. Cada ton ten significado. O piano e a corda desempeñan un papel fundamental xunto ao coro; e a emoción e sentimento que noutras pezas conseguíase por medio de técnicas de contrapunto, fugas ou disonancias, Dobrogosz conségueo por medio dos xogos harmónicos, cambios de ritmo moi marcados ou sincopas así como a liberdade e sensibilidade outorgada tanto ás voces como á formación instrumental, tan propios do jazz. Indubidablemente unha oferta deliciosa para os amantes da boa música.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp