O pasado 6 de decembro, un centenar de fregueses das parroquias de Santa Marta e Santo Antonio da Florida peregrinaron á catedral de Tui para gañar as grazas do Ano Xubilar concedido con motivo do 800 aniversario da dedicación do templo catedralicio.
Ás 12.00 horas, os peregrinos foron recibidos Daniel Goberna, prefecto de música da catedral de Tui, párroco na zona de Oia e delegado do Xubileu 2025, explicou tanto o significado do Ano Xubilar da Esperanza como do xubileu diocesano. Ao longo da súa exposición, Daniel Goberna aproveitou a presenza do organista da catedral, Joaquín Estévez, para deleitar aos presentes coa historia e son do órgano.
A continuación, os peregrinos participaron nunha celebración penitencial, para achegarse ao sacramento da Reconciliación como preparación para o nacemento do Salvador. Ademais do párroco de Santo Antonio da Florida e de Santa Marta, Alberto Montes, estiveron presentes Daniel Goberna, Joaquín Estévez e Santiago Freire, párroco de Tui e canónico da catedral.
Pola tarde despois de comer no Seminario Menor de Tui, o historiador tudense, Rafael Sánchez, ofreceu unha master class sobre a historia da catedral.
A xornada finalizou coa celebración da Eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín. Durante a súa intervención, o prelado tudense convidou os fregueses destas dúas parroquias, a ser testemuñas de esperanza na cotiandade das súas vidas e pedras vivas que sosteñan a fe e a vida dos homes e mulleres da súa ao redor.



