O sábado 21 de xuño, ás 19.00 horas, no templo vigués da Nosa Señora das Neves, esta parroquia e as do Salvador e Santo Ignacio renderán, durante a eucaristía, unha cariñosa homenaxe —ao que convidan a unirse a cantos o desexen— ao sacerdote Luís Cardalda Núñez, precisamente no día en que cumpre 90 anos.
Luís Cardalda naceu en Caleiro (Vilanova de Arousa) da diocese de Santiago de Compostela e fixo os estudos eclesiásticos no seminario de Tui sendo ordenado sacerdote en Valladolid en 1962.
Intenso, entregado e xeneroso foi o longo ministerio sacerdotal, que na súa última etapa voluntariamente desexa culminar na parroquia das Neves en Teis, iniciándoo en 2017, cando xa contaba 82 anos.
Ordenado sacerdote aos 27 anos foi destinado como coadxutor —agora dise vigairo parroquial— a Santa Cristina de Lavadores desde onde se iría por primeira vez e durante catro anos, como misioneiro ao estado de Goiás (Brasil). Ao regresar á diocese de Tui-Vigo encárganselle sucesivamente (1968-1973) as parroquias de Achas, A Cañiza, A Picoña e San Xurxo de Salceda. En 1981, é nomeado vigairo parroquial da Inmaculada no Calvario de Vigo e desde alí volve ás misións de Goiás (Brasil) en 1982; en 1997 o espírito misioneiro empuxaralle a África e alí estará en Nampula (Mozambique) e volta ao seu querido e brasileiro Goiás.
Ao regresar das misións e desde 2017, vive na residencia sacerdotal «Nosa Señora da Guía» e desde ela faise colaborador adscrito e implicado nas tarefas parroquiais da parroquia das Neves, que agora agradecidas homenaxéanlle e felicitan. Incansable, xeneroso e entregado o ministerio sacerdotal de Luís Cardalda, que idénticos cualificativos merece como amigo, como estudante e mesmo como nos seus tempos de futbolista. Merecido homenaxe.
Fonte: Alberto Cuevas Fernández, sacerdote e xornalista.