30/11/2022

,

San Andrés
30/11/2022

,

San Andrés

“As Pascuillas” regresan ao santuario da Franqueira

“As Pascuillas” regresan ao santuario da Franqueira

O santuario da nosa Señora da Franqueira prepárase para celebrar novamente, dentro do marco normativo establecido polas autoridades sanitarias, a súa festa de  As  Pascuillas, que o ano pasado suspendeuse por mor da pandemia da Covid-19.

Mañá, 15 de maio, desde o santuario da Franqueira iniciarase  a novena de preparación para a festa que os fieis poderán rezar, de luns a venres, ás 20 horas, o sábados ás 18 horas e o domingo ás 16:30 horas.

O domingo 16, festa da Ascensión do Señor, haberá misa ás 11 e ás 17 horas; mentres que na solemnidade de  Pentecoste prevista para o 23 de maio, as misas celebraranse ás 10, 11, 12, 17 e 18 horas, con rezo do rosario e novena previo á eucaristía das 17 horas, é dicir, ás 16:30.

O luns, 24 de maio, día propio da festa de  As  Pascuillas, haberá eucaristía, pola mañá, ás 9, 10 e 11; e, pola tarde, ás 17, 18 e 19 horas. A misa solemne celebrarase ás 12 horas.

Desde a comunidade parroquial lembra a importancia de manter as medidas de seguridade en todo momento: uso de máscara, xel  hidroalcohólico e distancia de seguridade. Ademais, o aforo está reducido ao 50% seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp