Máis de 8,5 millóns de persoas marcaron a «X» da Igrexa na última campaña
As declaracións a favor da Igrexa católica na campaña da renda do ano pasado, correspondente ao exercicio fiscal de 2021, aumentaron en 84.201 e o número de contribuíntes que confían no labor da Igrexa supera xa a barreira dos 8,5 millóns.
A achega media que recibe a Igrexa de cada contribuínte é de 37,73 euros, sen que por iso pague máis nin lle devolvan menos. En total, a cantidade recadada sitúase nos 320.723.062 euros, o que supón un aumento do 8,5% respecto ao ano anterior que vai permitir á Igrexa facer fronte ao aumento das necesidades socia- lles nun contexto de inflación e aumento de prezos.
Nun ano marcado pola volta relativa á normalidade tras a pandemia e unha certa recuperación económica, o número de declaracións a favor da Igrexa aumentou en gran parte do territorio: Andalucía, Madrid, Comunidade Valenciana, Murcia, Cartilla-A Mancha, Estremadura, Canarias, Galicia, Castela e León, Illas Baleares, Principado de Asturias, Cantabria, A Rioxa e Aragón.
En canto ao sexo do declarante, non hai diferenzas significativas no conxunto de España (o 32,11% das mulleres marcan a ‘X’ da Igrexa, fronte ao 31,64% dos homes).
Na diocese de Tui-Vigo
Durante o ano 2022, a diocese de Tui-Vigo sumou 48.131 declaracións con asignación ao seu favor, é dicir, 723 novos apoios máis que o exercicio anterior, todo o cal supón máis de 2 millóns de euros —2.001.042—, que os contribuíntes desta diocese achegan ao desenvolvemento das actividades pastorais e asistenciais da Igrexa.
Transparencia
Como é habitual, a Oficina de Transparencia da Conferencia Episcopal xa preparou unha nova edición da Memoria de actividades da Igrexa católica en España, onde dá conta detallada da aplicación desta cantidade resultante da «X» da declaración da renda e de toda a actividade da Igrexa en España. Esta Memoria de actividades foi presentada o mércores 18 de maio.