25 de Abril de 2024

,

San Marcos
25 de Abril de 2024

,

San Marcos

 ASE Vigo organiza o evento «Empresa, fe e valores»

 ASE Vigo organiza o evento «Empresa, fe e valores»
Foto: De izq. a drcha., Severino Martínez, presidente del Foro ASE en Vigo; Pedro Matas, delegado de la Acción Social Empresarial; y Mons. Luis Quinteiro, obispo de Tui-Vigo.

Na mañá do martes 16 de maio, o bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, reuniuse con Pedro Matas, delegado da Acción Social Empresarial (ASE) en Galicia, e Severino Martínez, presidente do Foro ASE en Vigo. Ambos os representantes, acudiron ás oficinas da curia diocesana para convidar o bispo a participar no XX xanto «Empresa, fe e valores», que terá lugar no hotel Attica Samil, o 14 de xuño, ás  14 horas, que contará coa presenza de Javier Fernández-Cid Plañiol, presidente de ASE.

Sexan ou non socios, os empresarios e directivos interesados en participar neste encontro poden solicitar máis información a través do correo electrónico contacto@somosase.es ou dos números de teléfono: 915 228 420 e 625 795 030.

A través desta cita no mes de xuño, ASE continúa o traballo iniciado o pasado 15 de abril co primeiro Encontro de Empresarios e Directivos Cristiáns, que busca difundir e promocionar a Doutrina Social da Igrexa no ámbito empresarial e dos negocios para recuperar os valores que se diluíron nas últimas décadas e, á súa vez, testemuñar a fe cristiá na sociedade actual. A este primeiro encontro, convocado baixo o lema «Negocios con alma», asistiron máis de 20 empresarios e directivas.

Acción Social Empresarial (ASE) é unha asociación de empresarios e directivos cristiáns fundada en 1951, que parte de UNIAPAC (Unión Cristiá Internacional de Executivos de Negocio), con presenza en máis de 40 países en catro continentes. Na actualidade, continúa divulgando o seu labor e promovendo a inscrición entre todos aqueles empresarios e directivos que estean interesados en reflexionar sobre valores e virtudes.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp