10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

Aumentan en 106.000 as declaracións da Renda en favor da Igrexa católica

Aumentan en 106.000 as declaracións da Renda en favor da Igrexa católica

7.297.646 persoas marcaron a X na Declaración da Renda, o que supón, contando as declaracións conxuntas, 8,5 millóns de contribuíntes que confían no labor da Igrexa.

O 32,15% das declaracións marcan a casa da Igrexa co que a Igrexa recibe 301,07 millóns de euros. Cada contribuínte que marca a X achega de media 35,4 € á Igrexa, sen que por iso pague máis nin lle devolvan menos.

A Igrexa agradece de corazón a confianza que supón esas 106.000 novas declaracións en favor da Igrexa e mantén o seu compromiso de seguir axudando máis aos que máis o necesitan agora.

A Conferencia Episcopal Española presenta os datos da asignación tributaria rexistrados a favor da Igrexa na Declaración da Renda de 2020, correspondente á actividade económica desenvolvida en 2019.

O número de declaracións a favor da Igrexa foi de 7.297.646. Tendo en conta as declaracións conxuntas, máis de 8,5 millóns de contribuíntes elixen con liberdade destinar á Igrexa o 0,7% dos seus impostos. Isto supón que a porcentaxe de contribuíntes que asignan á Igrexa é do 32,15%.

Nesta ocasión, a campaña da renda tivo lugar coincidindo cos meses máis duros da primeira onda da pandemia e co esforzo da Igrexa por multiplicar a súa presenza e a súa atención aos colectivos máis prexudicados. As 106.259 novas declaracións que marcaron a X da Igrexa poñen de manifesto o respaldo social e persoal ao labor desenvolvido pola Igrexa neste tempo, e multiplican por catro o aumento de X na Declaración da renda do exercicio anterior. Ese labor da Igrexa en pandemia faise visible no portal www.iglesiasolidaria.es.

En relación ás cantidades, na declaración de 2019 a cantidade destinada polos contribuíntes á Igrexa católica aumenta en 16,6 millóns e alcanza os 301 millóns de euros, un incremento do 5,85% con respecto ao ano anterior, o que permitirá unha axuda máis eficaz ás persoas que máis o necesitan.

Fonte: Conferencia Episcopal Española

O aumento da cantidade que os españois destinan dos seus impostos a favor da Igrexa católica no últimos cinco anos débese á evolución da situación económica en España ata ese momento de decembro de 2019. As cifras non fan visible aínda as consecuencias económicas da situación de pandemia que se vive en España desde o primeiro trimestre de 2020.

Datos por Comunidades autónomas

A cantidade recadada a favor da Igrexa crece en todas as comunidades autónomas sen excepción, e en trece delas, ademais, constátase tamén unha subida do número de contribuíntes que marcan a X. O número de declaracións aumenta sobre todo, en Andalucía, Madrid, Castela a Mancha e Comunidade Valenciana. Pola contra, País Vasco rexistra o maior descenso.

As rexións onde maior porcentaxe de persoas decide colaborar coa X na Declaración da Renda ao sostemento da Igrexa son Castela A Mancha (45,18%), A Rioxa (44,77%), Estremadura (44,03%), Murcia (43,68%) e Castela e León (42,3%). Case a metade das declaracións optan por soster o labor das entidades relixiosas. No outro extremo, Canarias (25,6%), Galicia (24,7%) e Cataluña (16,9%) marcan as taxas máis baixas de asignación.

Máis recursos para axudar máis

A Igrexa católica conta nesta ocasión con máis recursos para seguir realizando unha actividade que redunda en beneficio de toda a sociedade española. Por iso agradece a todos aqueles españois que contribúen con este xesto de marcar a X e co resto de campañas realizadas ao longo do ano para soster o labor relixioso, espiritual e social ao servizo de millóns de españois. Esta achega é decisiva para soster o inmenso labor da Iglesia, que, para seguir axudando nesta crise, necesita máis que nunca a colaboración de todos.

A proximidade da Igrexa cos que sofren de maneira especial pola situación ocasionada pola pandemia faise visible no portal www.iglesiasolidaria.es onde están presentes as máis de cincocentas actividades postas en marcha pola Igrexa en España. Esas actividades atenden aos necesitados desde o asistencial e o económico aos pastoral e espiritual.

Así mesmo, continúa coa súa vocación de informar á sociedade do ben que a presenza da Igrexa supón en todos os ámbitos e de dar a coñecer, a través de  Xtantos (www.portantos.es), o modo polo que os contribuíntes poden decidir o destino dunha pequena parte dos seus impostos, o 0,7%, que pode dedicar á Igrexa católica e a outros fins de interese social.

A Igrexa católica dá conta do destino de todo o diñeiro que recibiu dos contribuíntes na Memoria de actividades da Igrexa, a través da oficina de Transparencia da CEE e o seu portal www.transparenciaconferenciaepiscopal.es. Na actualidade estase xa preparando a Memoria referida a este exercicio económico 2019, cuxo resultado se presenta hoxe.

Fonte: Conferencia Episcopal Española

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp