29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

Avelino Bouzón, arquiveiro da catedral de Tui, pregoeiro da Semana Santa tudense

Avelino Bouzón, arquiveiro da catedral de Tui, pregoeiro da Semana Santa tudense

O domingo 26 de marzo, ás 18 horas, na capela das reliquias da catedral de Tui, darán comezo os actos da Semana Santa tudense coa lectura do pregón a cargo do sacerdote Avelino Bouzón, cóengo e director do Arquivo da Catedral. Posteriormente, haberá unha intervención musical polo dúo de guitarras formado por Cristina Gómez Crespo e Gabriel Silvera Marcoff, profesores do conservatorio Municipal de Música de Tui.

Sobre Avelino Bouzón, cóengo arquiveiro da catedral de Tui

Avelino Bouzón (1946, Ventosela – Redondela) cursou estudos de Latín  no Seminario Menor de Tui e de Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior de Vigo. En 1971, foi ordenador sacerdote na igrexa de Santiago de Redondela. Especializouse en Historia da Igrexa na Universidade Pontificia Gregoriana de Roma, onde se licenciou en Historia eclesiástica e tamén conseguiu a diplomatura en Arquivística e Biblioteconomía na Scuola Vaticana. No campo académico, fixo a tese sobre «Diego de Avellaneda, un bispo reformador. Tuy 1526 – 1537»; ademais publicou numerosos artigos de investigación histórica e divulgativo en revistas científicas e na prensa periódica.

Na actualidade, compaxina o seu labor como párroco de San Bartolomeu  de Rebordáns  e como cóengo arquiveiro, director do Arquivo da Catedral de Tui e do Arquivo Histórico Diocesano. Ademais, foi profesor do Instituto Teolóxico «San José» de Vigo e director da biblioteca do Seminario Maior.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp