23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo
23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo

Bembrive acolle ao seu novo párroco

Bembrive acolle ao seu novo párroco
Foto: Samuel Montes, nuevo párroco de Santiago de Bembrive, junto al obispo de Tui-Vigo.

O sábado 18 de novembro, a parroquia de Santiago de Bembrive deu a benvida ao seu novo párroco, o sacerdote Samuel Montes Costas que tomou posesión do seu novo cargo durante unha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro. Esta comunidade cristiá de Bembrive estaba á espera dun novo pastor desde o pasado mes de setembro, tras o falecemento do que foi o seu párroco durante 35 anos, o sacerdote Jesús Barros.

Durante a súa intervención, Mons. Luís Quinteiro expresou a importancia de apoiar aos sacerdotes novos, para quen «será decisivo o encontro coas persoas, a proximidade cos pobres ou a actitude de xustiza» no desenvolvemento da súa tarefa pastoral. O prelado tudense tamén engadiu que «un sacerdote ten que ser un irmán entre os irmáns, alguén que, no medio vós, sexa capaz de unirvos como unha familia para que todos camiñedes xuntos».

Manuel Dacosta, fregués de Bembrive, conta que «a incerteza de que che falte o cura xera o non saber cando vas ter un párroco, entón, o feito de que se produciu un nomeamento e teñamos un novo pastor para toda a freguesía é un motivo de alegría, de esperanza, de renovación para todos, á marxe de quen sexa a persoa». A estas palabras súmase María José Méndez, sancristá da parroquia desde hai 8 anos, que expresou que recibiron a chegada de Samuel «con moita alegría. Persoalmente, prodúceme moita ilusión que sexa un sacerdote novo que é párroco por primeira vez, porque vexo que está moi contento e ten moitas ganas de mellorar».

Pola súa banda, Samuel Montes expresa que «recibín con ilusión este novo encargo do bispo que significa tomar contacto cunha comunidade. Nos meus outras responsabilidades pastorais, sempre estiven en contacto coa xente, pero é ilusionante este sentido concreto dunha comunidade, coa súa historia, coas súas peculiaridades».

Ademais de párroco de Santiago de Bembrive, Samuel Montes Costas é delegado de Pastoral Xuvenil e Universitaria, delegado de Acción Católica Xeneral e director espiritual do Seminario Menor «San Paio» de Tui. Tras a súa ordenación no ano 2015, foi vicario parroquial de Nosa  Señora das Neves, Santo Ignacio de Loyola e San Salvador de Teis; responsable da fase diocesana da consulta sinodal «Por unha Igrexa sinodal: Comuñón, participación e misión» e formador do Seminario Maior «San José» de Vigo. Tamén realizou estudos en Evanxelización e Catequeses na Universidade Santo Dámaso de Madrid.

Toma de posesión en Santiago de Bembrive
El obispo de Tui-Vigo presidió la eucaristía en Santiago de Bembrive, con motivo de la toma de posesión del nuevo párroco, Samuel Montes Costas
« de 18 »
Facebook
Twitter
Email
WhatsApp