23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo
23 de Febreiro de 2024

,

San Policarpo

Bembrive celebra a romaría na honra a san Blas

Bembrive celebra a romaría na honra a san Blas

O sábado, 3 de febreiro, a parroquia de Santiago de Bembrive  en Vigo celebra a romaría na honra a san Blas —bispo, médico da garganta e mártir—,coa novena que dará comezo o xoves, 25 de xaneiro, ás 18 horas, tras o rezo do rosario e seguido da eucaristía.

Ao longo de todo o sábado, 3 de febreiro, haberá misas no templo parroquial de Santiago de Bembrive: pola mañá, cada hora, desde as 08.30 ás 12:30 horas; pola tarde, ás 17.30, 18.30 e 19.30 horas. A misa solemne seguida pola procesión coa imaxe do santo será ás 12.30 horas. As celebracións en honra ao santo finalizarán, o domingo 4, ás 11 horas, coa eucaristía. 

A parroquia de Santiago de Bembrive  lembra que nas celebracións dos días 3 e 4 de febreiro pedirase  por todos os devotos de san Blas. Ademais, despois de cada misa, bendirase o pan na honra ao santo.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp