O santuario mariano da Nosa Señora da Franqueira xa conta cunha campá xubilar, un signo que pretende ser un convidar a ser testemuñas da Palabra de Deus que se difunde polo mundo enteiro, así como o son vai traspasando todos lugares; unha invitación, de igual modo, a mirar cara ao ceo para descubrir o gozo de ser chamados ao amor. O pasado domingo , 18 de maio, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, a realizou a bendición desta campá; durante a celebración, tocáronse 25 badaladas, acompañadas de 25 peticións xubilases que foron postas aos pés da virxe.
O 29 de decembro, a diocese de Tui-Vigo inaugurou oficialmente o Ano Xubilar 2025, convocado polo papa Francisco baixo o lema «Peregrinos de esperanza». Desde ese momento, quedaron establecidos diversos templos xubilases para que aquelas persoas que teñan dificultades para peregrinar a Roma poidan gañar tamén a graza do Xubileu: a catedral en Tui, a concatedral-basílica en Vigo e o santuario da Nosa Señora da Franqueira. Máis recentemente, no mes de abril, a capela do Fogar-Clínica San Rafael sumouse aos templos xubilases citados con anterioridade.



