Este sábado 17 de xaneiro terá lugar, ás 18 horas, a tradicional bendición de mascotas no atrio do templo parroquial da Soidade de O Castro (Vigo). O párroco da Soidade, Mons. Alberto Cuevas, celebrará un ano máis esta bendición tan solicitada entre os fieis.
Además de bendicir ós animais, tal como expresa o responsable da parroquia, os que veneran á Virxe na “súa soidade”, desexan sobre todo “dar ánimos e mostrar cercanía ás persoas que moitas veces vivindo soas só encontran consolo na cercana compañía das súas mascotas. Queremos que sepan que tamén nós estamos ó seu lado”
DÍA DE SAN ANTONIO ABAD
O evento realizarase este sábado 17 con motivo da festa de San Antonio Abad, patrón dos animais. San Antón naceu en Exipto sobre o ano 252 e tivo unha vida moi particular. Con 20 anos, tras quedar orfo, decidiu desprenderse de todo o material e donarllo os máis pobres.
Foise a vivir a un cemiterio preto do seu lugar natal, onde experimentou episodios con demonios en forma de bestas salvaxes. Despois de habitar neste cemiterio retirouse ao monte Pispir, onde viviu 20 anos en soidade. Sobre o ano 305 empezou a vida en comunidade cos seus discípulos, para finalmente terminar aislándose de novo na montaña na que, a día de hoxe, encóntrase o mosteiro que leva o seu nome.
É considerado patrón dos animais debido a que o ermitán atopou a paz e o amor na natureza e nos animais, atribuíndoselle milagros realizados tanto sobre animais coma sobre persoas.