O 19 de marzo, solemnidade de S. Xosé, ás 12:00 hrs., na parroquia de S. Antonio da Florida, o bispo da Diocese Mons. D. Antonio Valín presidirá a Eucaristía na que bendicirá, a nova imaxe de S. Xosé destinada á veneración dos fieis.
A nova imaxe foi realizada pola escultora murciana Raquel Blázquez, responsable do taller Arte escultórico RB. A talla dun metro de altura, foi realizada en madeira vista encerada do cedro real. A técnica empregada pola autora, é a talla directa (técnica escultórica que consiste en tallar a madeira, traballándoa directamente con ferramentas de corte, como cinceles ou gubias, sen utilizar ferramentas eléctricas).
Unha peculiaridade da imaxe é que a escultora, quixo resaltar a orixe hebrea de S. Xosé. Para isto, na talla remarcou o cabelo e a barba rizada propia das poblacións de Xudea e Galilea do século I. Na súa indumentaria destaca o uso da Kipá (pequeno gorro que cobre a coronilla como sinal de respecto, humildade e conciencia da presenza de Deus por encima deles).
