16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Benjamín Estévez de Cominges , pregoeiro do Cristo da Vitoria

Benjamín Estévez de Cominges , pregoeiro do Cristo da Vitoria
FOTO.- Benjamín Estévez de Cominges, secretario de la Secretaría de Economía del Vaticano y pregonero del Cristo de la Victoria

O vindeiro sábado 2 de agosto, ás 12.30 horas, o vigués e secretario xeral da Secretaría de Economía do Vaticano, Benjamín Estévez de Cominges, lerá o pregón na honra ao Santísimo Cristo da Vitoria no pazo de Castrelos. Por outra banda, Fernando Franco, xornalista de Faro de Vigo, será quen porte o estandarte do Cristo da Vitoria. Así, comunicouno a confraría o pasado 7 de xullo, durante a reunión mantida entre varios membros da directiva e o alcalde da cidade olívica, Abel Caballero.

Neste encontro, encabezado pola presidenta, Marora Martín-Caloto, tamén se deu a coñecer o nome do predicador da novena deste ano: o bispo emérito da diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza.

No transcurso da reunión, concretáronse ademais diversos puntos acerca da procesión do Cristo da Vitoria e os actos que a rodean. O percorrido da procesión será o dos últimos anos: rúa Real, Berbés, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Concepción Arenal, Colón, Príncipe e Porta do Sol.

A presidenta da Confraría destacou a «colaboración total e o interese para que todo transcorra perfectamente» mostrado polo Concello, que sufragará unha parte dos gastos como a instalación dunha pantalla situada nas inmediacións da concatedral-basílica de Santa María, a través da cal que poderá seguir o descendemento da imaxe o sábado 2 de agosto, a partir das 20.30 horas, as misas do día da festividade e o inicio da procesión. Así mesmo, a alcaldía mostrou a súa disposición para facilitar que o descendemento do Santísimo e os actos do día posterior sexan retransmitidos en streaming  a través distintos sitios web, entre eles, a páxina web da Confraría, www.cristodevigo.es