10 de Setembro de 2024

,

San Nicolás de Tolentino
10 de Setembro de 2024

,

San Nicolás de Tolentino

Bispo Emérito

Bispo Emérito

EXCMO. E RVDO. D. José Diéguez ReboredoBispo emérito de Tui-Vigo

Don Luis Quinteiro Fiuza nace en Sabrexo (Vila de Cruces, Pontevedra) o día 26 de xuño de 1947. Ingresa no Seminario Menor de Belvís de Santiago de Compostela en 1958. Uns anos despois, en 1966, sendo seminarista maior, comeza os seus estudos teolóxicos na Pontificia Universidade de Comillas (Santander) e, trasladada esta Universidade a Madrid, obtén o grao de Licenciado en Teoloxía e realiza os cursos de doutoramento.

En xuño de 1971 é ordenado presbítero en Madrid, na Igrexa do I.C.A.I. dos Xesuítas.

En 1978 vai a Roma para ampliar estudos na Pontificia Universidade Gregoriana. Durante esta estancia na Cidade Eterna, especialízase en Filosofía Contemporánea e realiza varios cursos e seminarios sobre o estudo e pensamento de Karl Marx.

En 1981 asiste en Alemaña a uns cursos da Hochschule für Philosophie de Munich. É Doutor en Filosofía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, cunha tese sobre o Realismo Transcendental, na que obtén a cualificación de Summa cum laude.

Na súa Diocese de orixe desenvolveu un intenso labor pastoral e intelectual: Coadxutor (Vigairo Parroquial) da Parroquia de San Xoán, Director da Residencia Universitaria “Burgo das Nacións”, Formador e Profesor do Seminario Menor, e Capelán da Residencia Universitaria “Padre Míguez”, das relixiosas Calasancias da Divina Pastora.

No ano 1982 é nomeado Profesor do Instituto Teolóxico Compostelán e director do Centro de Formación Teolóxica de Segrares da Arquidiocese. No ano 1992, Director do Instituto Teolóxico Compostelán, e en 1997, Reitor do Seminario Maior de Santiago de Compostela.

En 1999 o Beato Xoán Paulo II noméao bispo titular de Fuerteventura e auxiliar de Santiago de Compostela, sendo ordenado o 19 de xuño seguinte. O seu lema episcopal Beati Misericordes (Mt 5,7), recolle unha das Benaventuranzas, na cal o Señor invita aos seus discípulos a percorrer o camiño da misericordia, que ten o seu punto de partida na Misericordia de Deus manifestada no seu Fillo Xesucristo.

No ano 2002 é designado bispo de Ourense, Diocese na que permaneceu sete anos. Pertence na Conferencia Episcopal Española á Comisión Episcopal da Doutrina da Fe e á de Migracións, sendo nesta última o bispo Promotor do Apostolado do Mar.

O 28 de xaneiro do 2010 fíxose público o seu nomeamento como bispo de Tui-Vigo, da que tema posesión o 25 de abril de 2010, na santa igrexa catedral de Tui; e no día seguinte realiza a entrada na concatedral de Vigo.

Foi bispo de Tui-Vigo ata o 25 de maio de 2024 e administrador apostólico da diocese ata o 20 de xullo dese mesmo ano, cando tomou posesión o seu sucesor, Mons. Antonio Valín Valdés.