14 de Marzo de 2026,
Santa Matilde

Bouzas acolleu ao seu novo párroco

Bouzas acolleu ao seu novo párroco

O domingo 21 de setembro, a comunidade parroquial de San Miguel de Bouzas  en Vigo acolleu a chegada do seu novo párroco, Juan José González Estévez, que compaxinará este encargo pastoral coa parroquia viguesa da Sacra Familia. A celebración na que tomou posesión deste novo cargo estivo presidida polo vigairo de Pastoral da diocese de Tui-Vigo, José Vidal.

Ordenado sacerdote no ano 1991, Juan José González incardinouse na diocese tudense no ano 2005. Na actualidade, ademais do seu labor como párroco, é delegado de Apostolado Segrar e secretario xeral do Centro Teolóxico «San Xosé» en Vigo. Anteriormente, desenvolveu atendido pastoralmente as parroquias de Reboreda , Cesantes, Randufe, Malvas, Frinxo, Gondomar, Peitieiros, Mañufe, Doas, Vilaza e A Guardia. No ano 2008, foi nomeado reitor do Seminario Menor «San Paio » en Tui. Tamén foi consiliario de Acción Católica Xeneral.