19/09/2021

,

San Jenaro
19/09/2021

,

San Jenaro

Bouzas celebra a festa do Bo Xesús dos Aflixidos

Bouzas celebra a festa do Bo Xesús dos Aflixidos

Como cada ano, o terceiro domingo de xullo, a parroquia de San Miguel de Bouzas celebra a festa do Bo Xesús dos Aflixidos cunha misa solemne presidida polo bispo de Tui-Vigo,  Mons. Luís Quinteiro Fiuza, o 18 de xullo ás 12 horas.

O pasado 9 de xullo, comezou a novena en honra ao Bo Xesús dos Aflixidos que, desde o xoves e ata o sábado, será predicada polo sacerdote diocesano Antonio  Menduiña, doutor en Biblia e reitor do Seminario Menor San Paio de Tui.

Durante o domingo, haberá misas ás 11 horas, 12 horas e 20 horas. Nesta ocasión, a encargada de realizar a ofrenda ao Bo Xesús dos Aflixidos na misa solemne das 12 hrs. será Margarita  Alconchel  Sáiz-Pardo, rexistradora da Propiedade en Vigo. A habitual procesión que ten lugar ao termo da misa da tarde queda suspendida por motivo da pandemia da covid-19.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp