«Camiñando xuntos». Este é o lema co que a Igrexa celebra o 2 de febreiro a Xornada da Vida Consagrada, coincidindo coa festa da Presentación do Señor. Na diocese de Tui-Vigo, o bispo presidirá a eucaristía na concatedral-basílica de Santa María o mércoles ás 20 horas.
Con este lema, os consagrados únense ao camiño sinodal que se iniciou en outubro de 2021 e que culminará en outubro de 2023. Así, os bispos da Comisión Episcopal para a Vida Consagrada convidan na súa mensaxe para esta Xornada «a camiñar xuntos» desde a consagración, a escoita, a comuñón e a misión.
«Mentres avanzamos no camiño sinodal —escriben os bispos— damos grazas a deus polo don da vida consagrada que enriquece á Igrexa coas súas virtudes e carismas e móstralle ao mundo o testemuño alegre da entrega radical ao Señor».
A Comisión Episcopal para a Vida Consagrada ha editado un material para facilitar a reflexión ao redor desta Xornada que inclúe: a mensaxe dos bispos; testemuños —de vida contemplativa; vida relixiosa apostólica; de institutos seculares; da orde de virxes consagradas; e de novas formas de vida consagrada—; uns textos para orar; dous subsidios litúrxicos, para o celebrante e para o monitor; e unha estampa coa imaxe da campaña deste ano e unha oración.