24 de Abril de 2025,
San Fidel de Sigmaringa

“Camino de Esperanza”, unha reflexión do Bispo para cada tempo litúrxico

“Camino de Esperanza”, unha reflexión do Bispo para cada tempo litúrxico

Co comezo do Advento, a nosa Diocese inaugura unha serie de programas de vídeo nos que D. Luis Quinteiro, como Bispo de Tui-Vigo, fai unha reflexión para cada tempo litúrxico. Este primer programa adícase ao tempo que estamos vivindo de preparación para o Nadal, baixo o título “Adviento, tiempo de esperanza”. Sucesivamente serán producidos os programas sobre o propio Nadal, a Coresma ou a Pascua.

Nesta ocasión, alén da mensaxe que nos axudará a examinar na nosa vida os fundamentos da esperanza cristiá á luz da celebración do Nacemento do Señor, o vídeo inclúe ao final unha historia para reflexionar titulada “Las 4 velas de Adviento”.

Pode verse o vídeo completo aquí: