28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III
28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III

Campaña «Cáritas con Ucraína»

Campaña «Cáritas con Ucraína»
Foto: Refugiados ucranianos en Polonia | © Olmo Calvo para eldiario.es

Cáritas Española traballa en Ucraína desde 2010, apoiando proxectos de acción social e de emerxencia.

Desde a delegación diocesana de Cáritas, súmanse á campaña «Cáritas con Ucraína» que se está levando a cabo noutros países de Europa como Romanía, Polonia ou Bulgaria, entre outros. Segundo informan na súa web, “neste momento, todos os proxectos están pechados, á espera de que a situación se estabilice. Así mesmo, apoiamos os proxectos de Cáritas Ucraína e do resto da zona para garantir a mobilidade segura e digna das persoas que ven obrigadas a fuxir da guerra. Ponse atención especial ás persoas máis vulnerables”.

Por iso, neste momento, desde a sede de Cáritas diocesana de Tui-Vigo animan a prestar axuda a través de donativos económicos que se materializarán posteriormente en axuda concreta tal e como describen na súa web: cunha achega de 20€ será posible conseguir un “kit de alimentos e acceso a auga potable”; con 50€ dispoñerase dun “kit de medicamentos e material de hixiene e saúde”; mentres que cun donativo de 100€ haberá posibilidade de ofrecer “material de refuxio e combustible para quentar”. Ademais destas tres cantidades, Cáritas ofrece a posibilidade de doar unha cantidade económica superior que será destinada a paliar a situación vivida pola poboación ucraína durante a guerra.

Os donativos poderán realizarse por transferencia bancaria; mediante “donativos instantáneos” a través de  bizum; ou directamente a través da web diocesana de Cáritas, xa sexa con tarxeta ou con conta bancaria.

Situación do conflito

Segundo o presidente da Organización Internacional para os Refuxiados, “ao ir á guerra contra Ucraína, Rusia está a crear unha crise que pon en risco a vida de persoas que se desprazan, e crea un sufrimento que excede nada do visto en Europa en décadas. Millóns de persoas están en perigo. Os gobernos do mundo deben estar preparados para prover de axuda e protección á xente que foxe, así como aos feridos de guerra”.

A Organización Mundial da Saúde reitera a súa preocupación pola seguridade, saúde, e benestar dos civís afectados, e prevé unha catástrofe humanitaria se a escalada bélica vai a máis. 

A situación é moi cambiante, e é difícil predicir os seguintes pasos. 

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp