Cáritas Diocesana de Tui-Vigo lamenta a perda de vidas humanas que se produciron como consecuencia das graves inundacións que afectaron a diferentes provincias de España. Ante esta grave situación, Cáritas de Tui-Vigo súmase á campaña aberta por Cáritas Española para responder a esta emerxencia, canalizando a solidariedade da sociedade española para axudar a Cáritas de Valencia e Albacete no seu traballo de apoio aos damnificados.
Así, as persoas que queiran colaborar coa campaña poden facelo a través de doazóns na conta bancaria de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo en Abanca ES39 2080 5000 6830 4030 0568; a través de Bizum co código 38398; ou, tamén, a través da páxina web da entidade: www.caritas.es/tuivigo.
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo lembra que, «o primeiro, é a oración polas vítimas e as súas familias; por todos os que están a tentar resolver as consecuencias nos fogares e traballos, comercios e institucións». A entidade tamén destaca a importancia do acompañamento das familias en todas as súas necesidades: físicas, psicolóxicas, afectivas ou espirituais.
Por que prefírense as achegas financeiras ás doazóns en especie?
- Os bens doados en especie poden non ser adecuados para as necesidades da poboación e poden complicar a loxística pola dificultade de acceso ás zonas afectadas.
- As achegas financeiras son máis eficientes. Os bens doados individualmente poden supoñer custos e dificultades administrativas loxísticas adicionais (necesidade de embalaxe, trámites aduaneiros suplementarios, data de caducidade de alimentos e medicamentos, etc.).
- Mesmo nunha situación de crise, todas as persoas e as comunidades posúen capacidades de resposta a pesar da súa vulnerabilidade. As achegas financeiras permiten o investimento naquilo que realmente é necesario, como a compra en mercados locais, axudando tamén á activación da economía nas zonas afectadas.
Podo declarar este donativo na declaración fiscal?
Sí, o teu donativo poderase desgravar ante Facenda. Os particulares ou empresas que desexen o recibo para a declaración fiscal deberán especificar no concepto da transferencia: DANA + Nome, apelidos e DNI. No caso de que o banco non o permitan, poden poñerse en contacto directamente con Cáritas de Tui-Vigo a través do número de teléfono 986 44 33 10 ou do correo electrónico donantes@caritastuivigo.es.