7 de Marzo de 2026,
Santas Perpetua y Felicidad

Canedo acolle a quenda de exercicios espirituais para sacerdotes

Canedo acolle a quenda de exercicios espirituais para sacerdotes
Foto: Convento de San Diego de Canedo | © Turismo Ponteareas

Entre o 12 e o 17 de outubro de 2025, a Vigairía para o Clero da diocese de Tui-Vigo organiza unha quenda de exercicios espirituais para no mosteiro franciscano de San Diego de Canedo, en Ponteareas. Nesta ocasión, o encargado de dirixir esta quenda será Ángel Moreno de Buenafuente, sacerdote e capelán do mosteiro cisterciense de Buenafuente del Sistal (Guadalaxara); especialista en Teoloxía da Vida Espiritual, publicou numerosos libros relacionados coa vida espiritual desde unha dimensión experiencial e contemplativa. 

Tal e como lembra a Vigairía para o Clero, os exercicios espirituais para sacerdotes «son unha das mellores accións pastorais que nós, como ministros ordenados, podemos facer para servir á Igrexa segundo o Corazón de Cristo».