19 de Xullo de 2024

,

Santa Rufina
19 de Xullo de 2024

,

Santa Rufina

Canedo acolle un Curso de Cristiandade

Canedo acolle un Curso de Cristiandade
Foto: Convento de San Diego de Canedo | © Turismo Ponteareas

Do 24 ao 26 de novembro, o convento de Santo Diego de Canedo (Ponteareas) acolle un novo curso organizado polo Movemento Cursillos de Cristiandad, baixo o lema «Ante o reto do mundo», co que se ofrecen uns días de convivencia e reflexión persoas, para profundar no coñecemento dun mesmo e da propia fe nun ambiente de comunidade e fraternidade.

As persoas interesadas en inscribirse ou solicitar máis información poden facelo na parroquia de Santiago o Maior de Vigo ou ben a través dos seguintes números de teléfono: 607 718 767 (J. Antonio, consiliario); 609 305 006 (Tere, presidenta); ou 607 423 822 (Abdón).

Cursillos de Cristiandad é un movemento eclesial de difusión mundial que actúa no interior de la Iglesia Católica. Con máis de 70 anos de historia en España, realizaron máis de 10 mil cursos e están presentes en 57 diocese. En concreto, na diocese de Tui-Vigo reúnense os martes nos locais parroquiais de Santiago o Maior de Vigo, tras a celebración da eucaristía ás 19.30 horas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp