Entre o 5 e o 9 de maio, o mosteiro de Santo Diego de Canedo, en Ponteareas, acolleu a celebración do Capítulo electivo da provincia franciscana de Santiago, que reuniu a preto de unha trintena de frades. O xoves, 8 de maio, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidiu a eucaristía na igrexa do mosteiro.
Durante a súa intervención na misa, o prelado tudense alentou aos irmáns franciscanos a non ter medo polas dificultades e a deixarse iluminar polo Espírito Santo para cumprir coa vontade de Dios.
A provincia franciscana de Santiago está conformada por 12 comunidades en diversos puntos do territorio galego —dous delas, na diocese de Tui-Vigo, en Ponteareas e Vigo—. Os puntos fortes que vertebran o proxecto persoal e comunitario dos irmáns que profesan a Regra de san Francisco de Asís en Galicia son: a fraternidade, a formación, a oración, a misión e a minoridade e testemuño.

