10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

Como atender aos enfermos no medio do coronavirus?

Como atender aos enfermos no medio do coronavirus?

O pasado xoves, 8 de outubro, o bispo, Luis Quinteiro Fiuza, reuniuse con gran parte do equipo de responsable dos capeláns dos hospitais de Vigo. Nela participaron: Juan Benito Rodríguez, delegado de Pastoral da Saúde da Diocese;  Ildete  Magalhaes,  sudelegada diocesana e coordinadora da atención do Nicolás Pena; Alegría, coordinadora de Povisa, xunto co seu colaborador durante as fins de semana, Juan José Perea; Víctor Bargiela, coordinador en Meixoeiro, acompañado de dous membros do seu equipo, Fran Cabaleiro e a irmá Rocío; Benito Somoza, Daniel Goberna, José Juan Sobrino e a irmá Adela.

O obxectivo da reunión consistía en expor as novas liñas pastorais no campo de traballo con enfermos, para este novo curso 2020-2021. Neste sentido, buscábase avaliar os recursos humanos e espirituais ante a posibilidade dun novo confinamento ou o empeoramento da situación sanitaria actual.

O delegado diocesano, Juan Benito Rodríguez, explicaba que é importante concienciar acerca da atención aos enfermos, xa que non deixa de ser unha prioridade no Evanxeo. Entre as accións para este ano, destaca a mellora na coordinación da atención de enfermos entre as parroquias e a delegación de Pastoral da Saúde.

O noso bispo, Luís Quinteiro, expresou o seu agradecemento pola proximidade dos capeláns cara aos enfermos e pola súa dispoñibilidade. Tamén exhortou a fomentar o desexo de traballar en equipo, procurando experiencias piloto nas que se expoña a necesidade dunha atención adecuada aos enfermos en hospitais e residencias.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp