Ante a magnitude da catástrofe causada polos dous terremotos que sacudiron Venezuela a noite do 24 de xuño, Cáritas Española abriu unha campaña de emerxencia para responder á petición de apoio de Cáritas Venezuela. Á campaña tamén se sumou Cáritas Diocesana de Tui-Vigo.
Dáse a circunstancia de que, no marco da cooperación que as Cáritas de España e Venezuela veñen desenvolvendo desde hai case 30 anos, Cáritas Española acababa de finalizar a formación de 40 líderes no Proxecto de prevención e redución de desastres naturais na Guaira, unha das zonas máis afectadas polos sismos.
A rede de Cáritas Venezuela conta cunha sólida estrutura diocesana e parroquial con amplo adestramento no traballo de emerxencia por desastres naturais. As Cáritas diocesanas das zonas afectadas atópanse neste momento realizando unha primeira avaliación e reconto de vítimas e danos materiais, e coordinando a resposta ás primeiras necesidades a través da apertura de centros de provisión nacionais e diocesanos.
A rede internacional de Cáritas atópase xa traballando na resposta coordinada ás peticións que Cáritas Venezuela vaia formulando. Son estes momentos nos que o Amor de Deus dá un paso adiante, e sae ao encontro de quen foi golpeados por esta catástrofe. A nosa resposta quere ser expresión da caricia, o fogar e a seguridade que mantén viva a esperanza nun futuro máis humano.
Cáritas Española liberou a cantidade de 300.000 euros do seu Programa de Emerxencias e púxoa ao dispor de Cáritas de Venezuela para que poida levar a cabo a atención máis urxente á poboación afectada, á espera de confirmar nos próximos días a solidariedade que a nosa confederación poida mobilizar entre particulares, socios e doantes, xa sexan públicos ou privados.
Conta habilitada de Cáritas Diocesana de Tui-Vigo:
CONCEPTO: EMERXENCIA VENEZUELA
ABANCA: ES27 2080 5000 6230 4025 0250
BIZUM: 38398
IMPORTANTE: É necesario que na doazón figure o nome e apelidos, así como tamén o DNI, da persoa doante, para poder incluír a mesma na declaración da renda do ano que vén.