O venres 13 de decembro, ás 20.00 horas, o Multiusos de Arcade acollerá o festival benéfico de Nadal que organiza Cáritas da parroquia de Santiago de Arcade, co obxectivo de recadar fondos para apoiar as iniciativas solidarias da organización nesta zona concreta da diocese de Tui-Vigo. Ademais, o evento conta coa colaboración da asociación cultural A Nidade e o Concello de Soutomaior.
A entrada ao festival ten un custo de 3 euros en concepto de donativo que se destinará ás actividades de Cáritas parroquial de Arcade, para a atención e acompañamento das persoas máis vulnerables. O programa do festival conta con diversas actuacións culturais e artísticas, que ofrecen unha oportunidade para gozar en familia e, ao mesmo tempo, practicar a caridade neste tempo de Advento, previo ao Nadal.