22 de Xuño de 2024

,

San Paulino de Nola
22 de Xuño de 2024

,

San Paulino de Nola

Cáritas de Tui-Vigo organiza a Semana da Caridade

Cáritas de Tui-Vigo organiza a Semana da Caridade

Do 6 ao 11 de xuño, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo organiza unha serie de actos con motivo da Semana da Caridade que, nesta ocasión, celébrase baixo o lema «Ti tes moito que ver» e que culminará o domingo 11 de xuño, día no que a Igrexa conmemora a solemnidade do Corpus Christi —a festa do corpo de Cristo— e, polo tanto, o Día da Caridade.

O martes 6 de xuño, ás 19 horas, nos locais parroquiais do Corazón de María, inaugurarase a Semana da Caridade coa conferencia «Do coidado á cidadanía», que nos introducirá o concepto de cidadanía centrado no coidado como un novo paradigma civilizatorio. Ao día seguinte, mércores 7 de xuño, ás 18.30 horas, tamén no salón parroquial situado na rúa Honduras, impartirase a conferencia «O coidado samaritano», continuando co tema da xornada anterior desde o coidade e o papel do mesmo na acción. José Laguna, pai de familia, músico e teólogo, será o relator encargado de introducir ambas as materias.

O bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro, presidirá a eucaristía da Caridade, o xoves 8 de xuño, ás 20 horas, na concatedral-basílica de Santa María de Vigo. A continuación, haberá un concerto de góspel a cargo do coro Vigo Gospel Choir.

Ademais destes actos previstos para os días da Semana da Caridade, o 23 de xuño, ás 09.30 horas, no salón da Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP), situada na Avenida García Barbón de Vigo, Cáritas organiza o acto Empresas con Corazón, baixo o lema «Somos oportunidade». A través desta mesa de diálogo ao redor da Responsabilidade Social Corporativa, Cáritas entrega un recoñecemento ás empresas colaboradoras coa entidade.

A delegación episcopal de Acción Social e Caritativa convida a todas as parroquias, movementos, asociacións da Igrexa e ao público en xeral, a sumarse aos actos organizados durante estes días. Especialmente, lembran a importancia de celebrar en comunidade a solemnidade do Corpus Christi e o Día da Caridade, co que se recoñece o labor que a Igrexa desenvolve a través de Cáritas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp